A casa rural estrutúrase en 2 plantas: na planta baixa hai unha gran cociña totalmente equipada e un amplo salón comedor, onde poden compartir unha comida familiar, de amigos, de traballo, etc. ademais ten un aseo accesible para non ter que subir escaleiras.

A planta alta ou primeira planta divídese en 4 dormitorios dobres. Os catro teñen un baño totalmente equipado, con bañeira, bidé e accesorios de baño (toallas, papel, xabón, champú)

Dous dormitorios teñen cama grande de matrimonio de 135 cms, un dos cales dispón de sofá-cama a maiores. Os outros dous dormitorios están formados por dúas camas individuais de 105 cms cada unha.

Cada dormitorio ten amplos armarios encaixados e cómoda onde poder gardar os seus aveños.

O noso aloxamento rural conta con calefacción central. Dispón de lavadora e lugar onde tender roupa a secar.

Está rodeada dun bonito xardín, xunto con horto e leira.

Hai parking gratuíto onde gardar os seus vehículos.