nugalla 

A Nugalla

Un aloxamento de turismo rural que aúna historia e natureza co confort do século XXI. Un lugar acolledor para os que senten atraídos polas belezas naturais de Galicia, situado nunha contorna privilexiada con toda a maxia e o encanto dos pazos galegos.

Con orixe no século XVI, da man da Orde de San Juan de Xerusalén, posteriormente transformado en residencia familiar no século XVIII, o pazo foi coidadosamente restaurado por un dos arquitectos máis sobresalientes de Galicia, enchéndoo de luz e de belas perspectivas sobre a paisaxe que o rodea con todos os elementos necesarios para asegurarlle unha estancia tranquila e agradable.