Vilanova 01

Casa Grande de Vilanova

Situada na parroquia de Remesar (A Estrada - Pontevedra), é unha fermosa construción de hai máis de 200 anos, recentemente restaurada para o turismo rural, combinando o respecto á súa historia e as actuais esixencias de funcionalidade e comodidade. Así, por exemplo, en toda a planta baixa suprimíronse as barreiras arquitectónicas.