CASA DA PASTORA

«Casa da Pastora» como é coñecida na parroquia dende sempre, restaurouse e rehabilitouse a finais do século pasado. As obras de acondicionamento terminaron no ano 2000 e no 2001 abrimos as nosas portas ao público como casa de turismo rural.

Entre o 2004 e o 2012 o establecemento foi explotado por persoas alleas á familia, e no 2013 os netos de María «A Pastora», recuperamos o control e a xestión da casa, coa ilusión e a firme intención de voltar a dotala da calor e o trato familiar que se merecen nosos clientes, cos  que en moitos casos seguimos en contacto a o longo destos nove anos, e que se mantiveron fieis a Casa da Pastora no noso regreso, o cal é un motivo de orgullo para nós e un gran aliciente para seguir facendo as cousas o mellor posible.

Estaremos encantados de recibilos, e trataremos de facer que a súa estancia con nós se convirta nuha experiencia placenteira e inolvidable.

Datos de Contacto


Lugar de Outeiro, 12 – Tabeirós
36684 A Estrada
Pontevedra – GALICIA

Tel.: +34 986 578 299
Mov: +34689 183 877
Web: www.casadapastora.com
Email: reservas@casadapastora.com

Ver Mapa Localización