Xoves 17 de Maio de 2012
| Puntos de Interese |
|
Pazo de Oca Foi construído por Andrés Gayoso no século XVIII sobre as ruínas dunha fortaleza que fora do arcebispo Alonso I de Fonseca durante as guerras feudais e tamén casa forte de Suero de Oca. Posúe torre almeada e brasóns, e unha capela dedicada a San Antonio de estilo barroco con torres xemelgas.
Rapa das Bestas Durante tres días no mes de xullo ten lugar en San Lorenzo de Sabucedo (A Estrada), a 'rapa das bestas' nun curro que data do seculo XVIII dende onde se realiza e se contempla o espectáculo ecuestre nas gradas de pedra, o que embelece a celebración.
|